sábado, 17 de octubre de 2009

Diario de clase de Ciencias do Mundo Contemporáneo

Seguimento da materia de 1º de bacharelato no curso 2009-2010
O obxectivo fundamental que nos plantexamos é coñecer e valorar o papel da ciencia na sociedade actual. Para esto nada mellor que traballar como traballan os científicos: investigando.

Investigar responde a unha característica inherente ao ser humano: a curiosidade.
Ser curioso implica querer desentrañar os misterios do quenos rodea. Esta idea estará na base de todas as actividades que realizaremos neste curso.

E, seguindo a metodoloxía científica nos introduciremos na Ciencia do Mundo Contemporáneo. Para isto comezamos cun fragmento da serie "Cosmos", onde Carl Sagan, gran científico e divulgador, nos aproxima o papel que a ciencia e a súa metodoloxía tiveron e teñen na actualidade.



Seguindo a metodoloxía científica, o primeiro traballo a realizar será un Proxecto de Investigación. Por medio dun traballo en grupo intentaremois averiguar cal é o papel da ciencia na sociedade actual.

Os traballos se presentarán nun formato de artigo científico o mércoeres 21 de outubro. Escolleremos tres traballos para realizar unha exposición oral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario