viernes, 18 de junio de 2010

2010, Ano da Biodiversidade


2010 ANO DA BIODIVERSIDADE
Durante o mes de xuño os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato saíron á rúa, o monte, os pobos.....para coñecer a ' Biodiversidade' do noso contorno.
Deste xeito queríamos contribuír á celebración mundial do 'Ano da Biodiversidade'.
Pola súa localización xeográfica, nos límites da Rexión eurosiberiana e a Rexión Mediterránea, Galicia ten un patrimonio de especies moi elevado.
Podemos atopar carballeiras (Rexión Eurosiberiana) e tamen aciñeirais ao Sur das provincias e Lugo e Ourense (Rexión Mediterránea.
O mesmo ocorre se miramos cara o mar. Nos sistemas dunares da costa Atlántica atopamos especies que viaxan de Sur a Norte e de Norte a Sur da Península Ibérica nos chamados Corredores dunares.
Todo isto, sen contar co patrimonio Natural marítimo. O Parque Nacional das Illas Atlánticas é un exemplo a destacar.
Os traballos realizados estarán dispoñibles nos próximos días na seguinte dirección:
Comparte con nós este patrimonio común.
Na imaxe que serve de icona da páxina, temos un exemplo de endemismo da fauna de Galicia: Crytocephalus lusitánicus, un insecto coleóptero localizado nas proximidades do Aciñeiral de Cruzul, Lugo.

miércoles, 16 de junio de 2010

Pegada ecolóxica 'Ollos Grandes'

Presentamos os resultados obtidos dentro do Proxecto de Investigación: 'A Pegada ecolóxica dos Ollos Grandes'.



Durante case dous meses o alumnado de 1º de bacharelato C na materia de Ciencias do Mundo Contemporáneo desenvoveu unha investigación co obxectivo de coñecer o Impacto no planeta dos alumnos, profesores e persoal do IES A Nosa Señora Os Ollos Grandes de Lugo.

Os datos necesarios recollerónse da seguinte maneira:


  • facturas da auga, electricidade e gasóleo

  • enquisas sobre consumo de papel

  • enquisas sobre a mobilidade (uso de coche, autobús....)

Posteriormente representamos os datos obtidos e procedemos ao cálculos para coñecer as emisións do CO2 a atmosfera e a obtención do dato final, as hectáreas de bosque necesarios para absorber o CO2 emitido a atmósfera.

Pincha na imaxe para ampliar a táboa!!!


Podes coñecer o noso traballo na seguinte dirección:

http://pegadaollosgrandes.wikispaces.com/

lunes, 17 de mayo de 2010

Novas de saúde nos xornais

Ás veces a realidade semella superar á ficción.

Nanorrobots para un mundo perfecto
Unha nova ferramenta para curar enfermidades xurde dende a nanotecnoloxía: Robots microscópicos poden viaxar polo interior do corpo humano e actuar como auténticas fábricas reparadoras de tecidos e todo no tamaño dunha cabeza de alfiler. E, para máis, os robots están fabricados con ADN.
Según, o xornal 'Público' que publica a noticia: ' Queren crear factorías de medicamentos diminutas, androides capaces de recoñecer células enfermas e aniquilalas ou construir unha nova xeración de chips orgánicos que multiplicarían a potencia dos ordenadores e reducirían o seu tamaño' .

O tamaño destos robots de ADN estaría en torno aos 15 nanómetros, e dicir 15 x10-9 veces máis pequeno que o milímetro.

Podes seguir a noticia nesta dirección :
http://www.publico.es/ciencias/313201/nan/rr/bots/mundo/perfecto


Guerras microscópicas
E, no mesmo xornal o sábado publicábase outra interesante nova para o tema de 'saúde e enfermidade' que estamos a tratar na aula.
Nesta ocasión , no artigo desvelévanse os segredos de certos microorganismos para atacar as células do noso organismo. Son mecanismos do máis sofisticado que van dende un virus que se apropia dun xen das células que infecta ata unha bacteria que comeza unha invasión lenta célula a célula.
No artigo descobrense os misterios de unha bacteria, dous virus e un protozoo, tres tipos de microorganismos capaces de producir enfermidades infecciosas. O mesmisimo virus da gripe, por moito que semella prosaico non se escapa da sofisticación e, é capaz de dominar unha célula con só dez xenes.

Ler a noticia nesta dirección: http://www.publico.es/ciencias/313042/guerras/microscopicas

viernes, 14 de mayo de 2010

Saúde e enfermidade no mundo globalizado (III Parte)

(....) 'Un dato o ilustra: o 1% máis rico da poboación mundial acumula tanta riqueza como a mitade da poboación máis pobre. Esa desigualdade afecta dramáticamente á saúde e o benestar de nenos e adultos, xa que a máis grande parte dos individuos non posúen o benestar material e social axeitado para disfrutar dunha vida digna e sana. A máis grande parte dos nveo millóns de nenas e nenos que morren ao ano fano nuns países pobres onde a mortalidade infantil está 30 veces por riba da dos estados ricos por causas evitables como a falta de auga potable e/ou alimentos.' (.....)


Recomendamos este artigo de opinión firmado polos profesores de 'Saúde Pública' nas Universidades Pompeu Fabra e a Universidade de Toronto, JOAN BENACH Y CARLES MUNTANER.


Nel destacamos a idea de que a saúde pública non se reflexa só nas diferencias entre os países, senon que está presente en toda a sociedade e recorda que as grandes diferenzas na saúde non radican na 'xenética' senon na precariedade laboral, a precariedade económica...,
como dice a OMS,

' (......) a acumulación tóxica de factores sociais inxustos e evitables, como a desigualdade económica, a precariedade laboral, a contaminación ambiental, a inseguridad alimentaria (......) . Ler máis no seguinte enlace


Saúde e xusticia social

miércoles, 12 de mayo de 2010

Saúde e enfermidade no mundo globalizado (II Parte)

Continuamos cos temas de saúde e propoñemos dous videos que encaixan perfectamente na estructura do tema:
No primeiro analizaremos os 'Virus', que son?, que precisan para reproducirse? son todos prexudiciais? Hai novas terapias que utilizan os virus como vehículo que traslada ADN.

http://www.rtve.es/television/20090615/virus-tres14-junio/280901.shtml


No segundo video, fálase de 'Obesidade', enfermidade típica do mundo desenvolvido.

tres14: obesidad


domingo, 2 de mayo de 2010

Una catástrofe non tan natural......Nova mega-marea negra

O 20 de abril unha das plataformas petrolíferas do Golfo de México tivo un 'accidente' que causou un incendio e o posterior despolome da plataforma. 11 traballadores da plataforma perderon a vida. Dende ese momento polo lugar perforado para extraer o crudo, situado a uns 1.525 m baixo o mar, sae petróleo sen control a un ritmo de 25.000 barris diarios, segundo os expertos.
Escoitamos que se tardará sobre tres meses en 'taponar' a saída de crudo.

A mancha principal da marea negra ten o tamaño e a forma similar á Comunidade de Asturias. Afectará a varios estados de gran diversidade biolóxica e con moitos habitantes que dependen desa biodiversidade para vivir.
E todo nunha zona onde outras catástrofes, estas naturaiscomo os furacáns, os afectan con regularidade.




Crónica da situación no Golfo de México:
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Obama/enfrenta/marea/negra/elpepusoc/20100502elpepisoc_7/Tes
400 especies afectadas: http://www.elmundo.es/elmundo/2010/05/01/ciencia/1272705283.html

Pensar: Canto custa, de verdade, o petróleo e a gasolina? http://www.elmundo.es/blogs/elmundo/nodoycredito/2010/05/01/cuanto-cuestan-de-verdad-la-gasolina-y.html

Imaxes da NASA

En Galicia, sabemos de que vai a nova. No 2002 o buque monocasco Prestige tiña un accidente e se partía en dous fronte a Costa da Morte.
Monográfico Prestige: http://www.elmundo.es/especiales/2002/11/ecologia/prestige/

Outras mareas negras: http://www.elpais.com/articulo/sociedad/vertidos/mar/graves/ultimos/anos/elpepusoc/20100430elpepusoc_3/Tes

sábado, 1 de mayo de 2010

UD: Saúde e enfermidade no mundo. Diferentes 'retos'



A globalización está afectando á cohesión social de moitos países, e non cabe dúbida de que os sistemas de saúde, elementos fundamentais da estructura das sociedades contemporáneas, non están funcionando todo o ben que poderían e deberían. A xente está cada vez máis descontenta ante a incapacidade dos servicios de saúde para proporcionar un nivel de cobertura nacional que satisfaga a demanda e as novas necesidades, e ante o feito de que os servicios prestados non sexan acordes coas súas expectativas. É difícilmente rebatible que os sistemas de saúde teñen que respostar mellor e con máis rapidez ós desafíos dun mundo en transformación. Organización Mundial da saúde, Informe de 2008

Comezamos co tema de 'Saúde e enfermidade no mundo actual:retos diferentes?' .

Durante catro semanas trataremos de ver as diferenzas en temas de saúde no mundo actual e as, diferenzas, tamén á hora dos avances precisos para atallar a enfermidade en cda un dos contextos (países ricos e países subdesenvolvidos).

Destacaremos os avances das enfermidades infecciosas, a aprición de novos patóxenos e o compararemos coas enfermidades características dos países ricos: cardiopatías, obesidade, saúde mental, enfermedades xenéticas.....

Remataremos coa autilización dunha nova tecnoloxía, A tecnoloxía do ADN recombinante, e a súa utilidade en cada un dos contextos mencionados.

Comezamos cun informe de ' Médicos sen fronteiras'



martes, 27 de abril de 2010

domingo, 25 de abril de 2010

Problemas actuais

O comezar este curso 2009-2010 traballamos na aula a relación 'ciencia e sociedade' analizando as novas sobre ciencia que aparercían nos xornais. Dende a materia de Ciencias do mundo contemporáneo se recomenda seguir esas novas e, mesmo, moitas veces as utilizamos na aula.

Hoxe destacamos esta que está a falar da nova 'Macropresa que construirá Brasil no mesmo Amazonas' , e que entre outras consecuencias, desplazará a 50.000 persoas. En tempos de enerxías renovables e menos agraseivas, que opinas tí?
Podes ler a nova nesta dirección:
http://www.publico.es/ciencias/307407/brasil/construira/gran/presa/pleno/amazonas

Outra situación importante na unidade didáctica que estamos a tratar na aula e que non poderemos profundizar é a 'Alimentación' e a obtención e novos alimentos. Hai van dous recursos para reflexionar sobre os novos métodos de producción de alimentos.

Copier-cloner from louis rigaud on Vimeo.






sábado, 17 de abril de 2010

Catástrofes Naturais: A Terra lémbranos o seu poder

Durante este ano 2010 a Terra semella querer recordarnos cales son os seus verdadeiros poderes. Si durante os primeiros meses do ano 2010 foron os teremotos os encargados de recordalo, neste mes de marzo ó terremoto de China temos que engadir a erupción do volcán de Islandia Eyjafjallajökull . Nas seguintes webs podemos observar como e de que maneira entrou en erupción e o porqué da nube de cinzas que afecta á Europa.



SEGUIMENTO DA NUBE DE CINZAS NA WEB DO SATÉLITE EUMETSAT

http://www.eumetsat.int/Home/index.htm

Máis información sobre a nova en:
http://www.elpais.com/articulo/internacional/nube/ceniza/amenaza/extenderse/todo/sureste/Europa/elpepuint/20100417elpepuint_2/Tes


Islandia, un país onde tamén nacen illas como a de Surtsey:
http://en.wikipedia.org/wiki/Surtsey

No seguinte vídeo explícase o porque dun volcán baixo o solo de Islandia. Sobre o minuto 2:31 explícase a formación dunha Dorsal, por onde se abre o océano Atlántico, a terra libera o seu calor interno e os volcáns entran en erupción. Na imaxe observamos como se rompe unha placa e comeza o ciclo de apertura dun océano.


Pero tamén terremotos no 2010

Recordando os terremotos do 2010 descubrimos que:
Máis de seis terremotos superaron os 5 grados da escala de Ritcher, a cal semella quedarse pequena á hora de medir os terremotos de hoxe en día.

Basta citar algúns dos máis altos na escala:
O terremoto de Haití no mes de Xaneiro, 7 grados
O terremoto de Chile en Febreiro, de 8,8
O terremoto en Turquía en Marzo, de magnitude 6
O terremoto de China en Abril de 7 grados na escala Ritcher

Estos son so, uns exemplos.
Podemos comprobar a cantidade de terremotos que se están a producir a cada momento na terra e onde se localizan visitando esta web do servicio Xeolóxico dos USA. Nos seus mapas tamén podemos ver as placas tectónicas,por onde discorren e que zonas do planeta son as máis afectadas. Sabemos que, os grandes terremotos están asociados a zonas de contacto de placas tectónicas. Son lugares onde chocan, se separan ou se deslizan dúas placas terrestes arrastrando con elas continenetes, océanos....

http://earthquake.usgs.gov/

Información do terremeto de 6,3 en Granada. O Mediterráneo é unha zona de choque de placas entre a Placa Europea e a Placa Africana.
http://neic.usgs.gov/neis/eq_depot/2010/eq_100411_uycs/neic_uycs_l.html



domingo, 4 de abril de 2010

Retos no desenvolvemento do século XXI

Propoñemos estes videos do programa de divulgación científica 'tres14' de tve2 que explican como avanzar nalgúns dos temas do desenvolvemento para o século XXI como poden ser : Megacidades, a pesca, os novos materiais....

tres14: megacidades






tres14 - novos materiais




LIXO

Tamén recomendamos este 'Curto' Brasileño titulado :'A ilha das flores'

sábado, 13 de marzo de 2010

12 ideas para o desenvolvemento sostible

Copiando da natureza. A científica Janine Benyus propón 12 ideas para desenvolver unha tecnoloxía creativa para un mundo máis sostible.Copiando da natureza para xestionar os recursos, crear tecnoloxías limpas e eficientes e todo isto 'coidando o hábitat para as próximas xeneracións'.

Visita a súa web. http://www.asknature.org/

12 Grandes Ideas dende a Bioloxía:

- 01 Auto-ensamblaxe
- 02 CO2 como materia prima
- 03 transformacións solares
- 04 o poder da forma
- 05 saciar a sede sen auga líquida
- 06 extraer metais sen necesidade de minas
- 07 química verde
- 08 degradación paulatina dos materiais non útilies
- 09 vacinas na cadea de frío
- 10 detectar e responder
- 11 aumentar a fertilidade dos ecosistemas
- 12 a vida crea condicións básicas para crear máis vida

Estamos a preparar o texto en castelán. Pero podes seguir a conferencia escollendo castelán no bloque de subtítulos no propio video.(parte inferior esquerda).
Na barra lateral dereita podes atopar a transcripción en inglés.








Unha boa páxina para coñecer máis sobre 'sustentabilidade'

sábado, 20 de febrero de 2010

A pegada ecolóxica do IES Ollos Grandes

Durante a próxima semana os alumnos de 1º de bac realizaran as enquisas de consumo de papel e de mobilidade ós membros da nosa Comunidade educativa. Terán que realizar 235 enquisas ó alumnado, 70 ós profesores e 14 ó resto do persoal do centro.

Os datos destas enquisas, xunto cos cálculos en consumo de gasóleo de calefacción, consumo de auga e consumo de electricidade forma parte do estudo global da pegada ecolóxica.

A pegada ecolóxica, é un indicador de sostibilidade proposto en 1996 por William Rees e Mathias Wackernagel e que podemos definir como:

'Área ou superficie dun terreo ecolóxicamente sostible (cultivos, pastos, bosques e ecositemas acuáticos) necesario para producir os recursos necesarios e eliminar os residuos producidos por unha poboación cun nivel de vida determinado, independentemente do lugar onde esté ubicada.

Normalmente a unidade de medida é en hectáreas por persoa e ano.

Así a pegada ecolóxica é un indicador que recolle claramente a relación nivel de vida - impacto no planeta.

Podes seguir os cálculos da pegada ecolóxica nesta dirección: http://pegadaollosgrandes.wikispaces.com/

Podes calcular a túa pegada ecolóxica nesta web:
http://www.myfootprint.org/es/about_the_quiz/what_it_measures/

Enlace de interese par ver o video 'A historia dos bonos do carbono'.



Pincha na etiqueta CC para escoller subtítulos en castelán.

domingo, 7 de febrero de 2010

Xestión sostible do planeta

Comezamos cunha viñeta de 'El Roto

Aínda que o termo ' desenvolvemento sostible' xa parece moi gastado, por mal utilizado e demasiado citado, segue a ser un básico en calquera materia ou disciplina.

Por isto o tema que comezamos ten un interés especial. Descubrir que é e que non é desenvolvemento sostible, analizar por que este modelo de vida é imposible de manter por moito tempo, detectar como os cambios nun lugar do planeta involucran a todo o conxunto de habitantes e de zonas na terra, ver, con esperanza, os movementos cidadáns que se pronuncian e defenden un futuro para as novas xeracións e particpar nas accións conxunta que, como cidadán individual, podo facer para mellorar a situación actual.


A famosa idea de : ' Pensa globalmente e actúa localmente' resume a perfección o obxectivo do novo tema que estamos a traballar.

Recomendamos que, pares uns momentos e disfrutes coas seguintes páxinas web:

HOME, Unha película de Yann Arthus- Bertrand e estreada o 5 de xuño de 2009.
http://www.youtube.com/watch?v=SWRHxh6XepM

UNHA ILLA SOSTIBLE, El Hierro. Programa 'Crónicas' TVE
O XOGO DO CONSUMO de Greenpeace,

A HISTORIA DAS COUSAS, da profesora Annie Leonard


domingo, 31 de enero de 2010

O Cumio do clima na aula

Durante catro sesións osrepresentantes realizaron as súas presentacións e as propostas de cada un dos países presentes en Copenhagen.

Presentaron o contexto do Cumio os representantes de Dinamarca acompoñados polo representante Panle de Expertos sobre Cambio climático que describiu a situación actual e os riscos para a humanidad e continuares coas emisións de Carbono sin control.

Despois representantes da UE, EEUU, Países emerxentes ( China, India, Brasil e Suráfrica) e o Grupo G77 que hoxe engloba a moitos maís países, entorno a 128, describirun a súa situación actual e as súas posturas para atallar o problema do Cambio climático.

A diferencia do Cumio real os grupos sociais representados por Greenpeace tiveron a oportunidade de presentar as súas propostas.

O luns 1 de febreiro faráse o resumo das propostas e devatiráse o contido da proposta definitiva que presentaran os representantes de Dinamarca.

Podes seguir os traballos no blog dos periodistas do cumio: O planeta visionario http://elplanetavisionario.blogspot.com/