miércoles, 16 de diciembre de 2009

'El escarabajo verde'. Programa recomendado este xoves

Este xoves 17 de decembro ás 23:00 h na 2 de tve emiten un programa moi interesante sobre o Cumio de Copenhagen.

No programa haberá dúas partes, un documental e un debate posterior. Recomendo que o vexades para preparar o voso próximo debate na aula.

Máis información nesta dirección: http://www.rtve.es/television/20091215/escarabajo-verde-emite-programa-especial-sobre-cumbre-copenhague/305938.shtml

Tamén esta nova para escoitar. Descontamínate (rne).'Estocolmo, cidade verde'





Intermón:'Máis aló da axuda'Rne.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

O cumio de Copenhague

O debate final

A semana próxima faremos as últimas presentacións do traballo por gupos. Recordade os consellos que dabamos para facer unha boa exposición oral.

Así mesmo, os días 14 e 16 terá lugar o debate sobre ' A ciencia e os cidadáns' que porá o punto final a este trimestre. Podedes recoller os materiais na fotocopiadora.

viernes, 27 de noviembre de 2009

Sobre astronomía

Recomendamos visitarestas seccións:

jueves, 26 de noviembre de 2009

Leer.es

Ler para medrar, unha iniciativa que nos recorda o papel fundamental dunha boa lectura

Programa leer.es (Con la Educación)

domingo, 22 de noviembre de 2009

Darwin e o cinema


O venres ás 5 da tarde no IES Rosalía de Castro de Santiago entrgáronse os premios da Convocatoria de "Darwin e o cienema" dentro da Semán da Ciencia '09 .

Este programa xurde na celebración do Ano de Darwin (150 anos da publicación do seu libro "A orixe das especies" (concretamente presentouse en sociedade o 24 de novembro do ano 1859).

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes presentaba varios traballos a ese concurso. Dous dos equipos gañaron o 1º e o 2º premio con sendos videos. Parabéns a todas e a todos gañadores e participantes, así como as súas profesoras.

martes, 17 de noviembre de 2009

Novas de ciencia. Explorar o espacio

Na rede podes atopar moitas noticias de ciencias. Pero moitas desas noticias podes escoitalas. Esta é unha pequena escolma de noticias de astronomía:

Temperatura de la luna (Ciencia al cubo)



Satélite SMOS (Ciencia al Cubo)



Telescopio solar Sunrise (Ciencia al Cubo)



Ulises (Ciencia al cubo)



Viaxe a un buraco negro http://www.cienciaes.com/segunda.php?id=12&pagina=ulises

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Ciencia e pseudociencia

Hoxe destacamos dúas informacións. Despois de ler esta noticia mira a de Ciencia e Música.
A NASA tivo que saír ó paso das miles de consultas na súa páxina web sobre o fin do mundo no ano 2012 a raíz da presentación no cine da película "2012". Ampliar a noticia ttp://www.publico.es/ciencias/tecnologia/268785/nasa/confirma/mundo/acabara

É comparable ó acontecido na presentación na radio de "A Guerra dos Mundos" o 30 de outubro de 1938 na cidade de New York:

"As oito menos vinte, hora local, o profesor Farrell, do Observatorio de Mount Jenigns de Chicago, Illinois, comunicaba ter observado varias explosións de gases incandescentes producidas a intervalos regulares no planeta Marte..."

Nunca antes as persoas pensaron ter tan cerca unha invasión extraterrestre. Miles de persoas sairon correndo da cidade .....e desde ese momento ós extraterrestres sempre foron os "marcianos".
A
mpliar información http://es.wikipedia.org/wiki/La_guerra_de_los_mundos_(radio))

Agora repitese as historia coa película 2012. Para pensar


Ciencia e música

Un proxecto moi ineteresante o que realizaron estos músicos con frases de científicos famosos. Forma parte dun proxecto chamado "A Sinfonía da Ciencia" que trata de promocionar "o coñecemento e a filosofía científica", como dicen os seus autores e a idea de "We are all connected"
Podes visitar a súa web http://www.symphonyofscience.com/


sábado, 7 de noviembre de 2009

Avance da UD 3: A nosa xestión do planeta terra

Ven de celebrarse en Barcelona a reunión preparatoria do Cumio do clima de Copenhague 2009.
Durante toda a semana representantes dos países do planeta tentaron de acadar pactos que fagan posible un acordo importante no segundo Cumio do Clima, despois de Kioto.

Isto é un avance do noso tema seguinte.
Para ir introducindonos no tema este video mostra do importante deste novo encontro.




Si queres particiar directamente na petición dun acordo real no Cumio do clima vai a este enlace
http://www.wwf.es/que_hacemos/cambio_climatico/copenhague_09__vota_por_el_planeta/

Enlaces de interese para consultar
http://www.ipcc.ch/

http://www.un.org/

http://www.greenpeace.org/espana/

http://www.csic.es/documentos/colecci...

http://www.greenpeace.org/espana/

http://www.rockwool.es/eficiencia+energ%c3%a9tica/el+cambio+clim%c3%a1tico+y+la+eficiencia+energ%c3%a9tica/cumbre+del+clima+de+naciones+unidas+2009

viernes, 30 de octubre de 2009

UD 2. Somos fillos das estrelas

Unha pincelada sobre Astronomía.
Non podíamos pasar este ano sen tratar o tema.
Este é o seu ano. E nós somos fillos das estrelas. Para entrar no tema propoñemos este vídeo, estupendo reportaxe de Informe Semanal.

http://www.rtve.es/mediateca/videos/20090815/informe-semanal-hijos-las-estrellas/567531.shtml

Continuamos cunha nova de xornal que aparecía en setembro de 2008. A presentación do acelerador de partículas LCH.
A partir deste texto realizaremos actividades na aula. Descubriremos novos tipos de partícula. O por qué da espectacularidade da nova, do interese dos científicos.

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Cuenta/acelerador/particulas/LHC/elpepusoc/20080909elpepusoc_7/Tes#
Para completar esa información observa o gráfico desta web: http://www.elpais.com/graficos/sociedad/Gran/acelerador/particulas/europeo/elpgrasoc/20080910elpepusoc_1/Ges/

Outro enlace de interese para os que disfruten vendo as estrelas na noite. "Mirando al cielo" permite localizar as constelacións segundo o día do ano. Para despois buscalas na noite.

http://www.elpais.com/graficos/sociedad/Mirador/cielo/elpgra/20090301elpepusoc_1/Ges/

E para disfrutar estas imaxes do Cosmos:

sábado, 24 de octubre de 2009

Exposición oral do proxecto de investigación

Facer unha exposición oral non é tarefa fácil. O medo escénico característico dos estudantes fai que poucas veces se presenten voluntarios para realizar tarefas cara os seus compañeiros.
Esta pode ser a primeira vez que se enfrontan a ela polo que ahí van uns pequenos consellos.

A presentación quitouse para que o blogue poidera cargar máis rápido.

Tamén podes obter información nesta dirección

http://blog.lengua-e.com/2009/como-hacer-la-introduccion-en-una-exposicion-oral/

http://www.xtec.es/~cmunoz/recerca/oral.htm

Boa sorte coa que ídes a realizar

lunes, 19 de octubre de 2009

Primeiro Proxecto

O luns 26 remata o prazo para a presentación dos artigos que recollen o primeiro proxecto.

O mércores 28 revisaremos as presentacións que acompañarán ás exposicións orais de ditos proxectos.

Seleccionarei tres grupos para expoñer este primeiro traballo. Os demais grupos presentarán oralmente os seus proxectos na próxima avaliación.

sábado, 17 de octubre de 2009

Diario de clase de Ciencias do Mundo Contemporáneo

Seguimento da materia de 1º de bacharelato no curso 2009-2010
O obxectivo fundamental que nos plantexamos é coñecer e valorar o papel da ciencia na sociedade actual. Para esto nada mellor que traballar como traballan os científicos: investigando.

Investigar responde a unha característica inherente ao ser humano: a curiosidade.
Ser curioso implica querer desentrañar os misterios do quenos rodea. Esta idea estará na base de todas as actividades que realizaremos neste curso.

E, seguindo a metodoloxía científica nos introduciremos na Ciencia do Mundo Contemporáneo. Para isto comezamos cun fragmento da serie "Cosmos", onde Carl Sagan, gran científico e divulgador, nos aproxima o papel que a ciencia e a súa metodoloxía tiveron e teñen na actualidade.



Seguindo a metodoloxía científica, o primeiro traballo a realizar será un Proxecto de Investigación. Por medio dun traballo en grupo intentaremois averiguar cal é o papel da ciencia na sociedade actual.

Os traballos se presentarán nun formato de artigo científico o mércoeres 21 de outubro. Escolleremos tres traballos para realizar unha exposición oral.