miércoles, 16 de diciembre de 2009

'El escarabajo verde'. Programa recomendado este xoves

Este xoves 17 de decembro ás 23:00 h na 2 de tve emiten un programa moi interesante sobre o Cumio de Copenhagen.

No programa haberá dúas partes, un documental e un debate posterior. Recomendo que o vexades para preparar o voso próximo debate na aula.

Máis información nesta dirección: http://www.rtve.es/television/20091215/escarabajo-verde-emite-programa-especial-sobre-cumbre-copenhague/305938.shtml

Tamén esta nova para escoitar. Descontamínate (rne).'Estocolmo, cidade verde'





Intermón:'Máis aló da axuda'Rne.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

O cumio de Copenhague

O debate final

A semana próxima faremos as últimas presentacións do traballo por gupos. Recordade os consellos que dabamos para facer unha boa exposición oral.

Así mesmo, os días 14 e 16 terá lugar o debate sobre ' A ciencia e os cidadáns' que porá o punto final a este trimestre. Podedes recoller os materiais na fotocopiadora.

viernes, 27 de noviembre de 2009

Sobre astronomía

Recomendamos visitarestas seccións:

jueves, 26 de noviembre de 2009

Leer.es

Ler para medrar, unha iniciativa que nos recorda o papel fundamental dunha boa lectura

Programa leer.es (Con la Educación)

domingo, 22 de noviembre de 2009

Darwin e o cinema


O venres ás 5 da tarde no IES Rosalía de Castro de Santiago entrgáronse os premios da Convocatoria de "Darwin e o cienema" dentro da Semán da Ciencia '09 .

Este programa xurde na celebración do Ano de Darwin (150 anos da publicación do seu libro "A orixe das especies" (concretamente presentouse en sociedade o 24 de novembro do ano 1859).

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes presentaba varios traballos a ese concurso. Dous dos equipos gañaron o 1º e o 2º premio con sendos videos. Parabéns a todas e a todos gañadores e participantes, así como as súas profesoras.

martes, 17 de noviembre de 2009

Novas de ciencia. Explorar o espacio

Na rede podes atopar moitas noticias de ciencias. Pero moitas desas noticias podes escoitalas. Esta é unha pequena escolma de noticias de astronomía:

Temperatura de la luna (Ciencia al cubo)



Satélite SMOS (Ciencia al Cubo)



Telescopio solar Sunrise (Ciencia al Cubo)



Ulises (Ciencia al cubo)



Viaxe a un buraco negro http://www.cienciaes.com/segunda.php?id=12&pagina=ulises

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Ciencia e pseudociencia

Hoxe destacamos dúas informacións. Despois de ler esta noticia mira a de Ciencia e Música.
A NASA tivo que saír ó paso das miles de consultas na súa páxina web sobre o fin do mundo no ano 2012 a raíz da presentación no cine da película "2012". Ampliar a noticia ttp://www.publico.es/ciencias/tecnologia/268785/nasa/confirma/mundo/acabara

É comparable ó acontecido na presentación na radio de "A Guerra dos Mundos" o 30 de outubro de 1938 na cidade de New York:

"As oito menos vinte, hora local, o profesor Farrell, do Observatorio de Mount Jenigns de Chicago, Illinois, comunicaba ter observado varias explosións de gases incandescentes producidas a intervalos regulares no planeta Marte..."

Nunca antes as persoas pensaron ter tan cerca unha invasión extraterrestre. Miles de persoas sairon correndo da cidade .....e desde ese momento ós extraterrestres sempre foron os "marcianos".
A
mpliar información http://es.wikipedia.org/wiki/La_guerra_de_los_mundos_(radio))

Agora repitese as historia coa película 2012. Para pensar