Mostrando entradas con la etiqueta pegada ecolóxica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pegada ecolóxica. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de junio de 2010

Pegada ecolóxica 'Ollos Grandes'

Presentamos os resultados obtidos dentro do Proxecto de Investigación: 'A Pegada ecolóxica dos Ollos Grandes'.



Durante case dous meses o alumnado de 1º de bacharelato C na materia de Ciencias do Mundo Contemporáneo desenvoveu unha investigación co obxectivo de coñecer o Impacto no planeta dos alumnos, profesores e persoal do IES A Nosa Señora Os Ollos Grandes de Lugo.

Os datos necesarios recollerónse da seguinte maneira:


  • facturas da auga, electricidade e gasóleo

  • enquisas sobre consumo de papel

  • enquisas sobre a mobilidade (uso de coche, autobús....)

Posteriormente representamos os datos obtidos e procedemos ao cálculos para coñecer as emisións do CO2 a atmosfera e a obtención do dato final, as hectáreas de bosque necesarios para absorber o CO2 emitido a atmósfera.

Pincha na imaxe para ampliar a táboa!!!


Podes coñecer o noso traballo na seguinte dirección:

http://pegadaollosgrandes.wikispaces.com/

sábado, 20 de febrero de 2010

A pegada ecolóxica do IES Ollos Grandes

Durante a próxima semana os alumnos de 1º de bac realizaran as enquisas de consumo de papel e de mobilidade ós membros da nosa Comunidade educativa. Terán que realizar 235 enquisas ó alumnado, 70 ós profesores e 14 ó resto do persoal do centro.

Os datos destas enquisas, xunto cos cálculos en consumo de gasóleo de calefacción, consumo de auga e consumo de electricidade forma parte do estudo global da pegada ecolóxica.

A pegada ecolóxica, é un indicador de sostibilidade proposto en 1996 por William Rees e Mathias Wackernagel e que podemos definir como:

'Área ou superficie dun terreo ecolóxicamente sostible (cultivos, pastos, bosques e ecositemas acuáticos) necesario para producir os recursos necesarios e eliminar os residuos producidos por unha poboación cun nivel de vida determinado, independentemente do lugar onde esté ubicada.

Normalmente a unidade de medida é en hectáreas por persoa e ano.

Así a pegada ecolóxica é un indicador que recolle claramente a relación nivel de vida - impacto no planeta.

Podes seguir os cálculos da pegada ecolóxica nesta dirección: http://pegadaollosgrandes.wikispaces.com/

Podes calcular a túa pegada ecolóxica nesta web:
http://www.myfootprint.org/es/about_the_quiz/what_it_measures/

Enlace de interese par ver o video 'A historia dos bonos do carbono'.



Pincha na etiqueta CC para escoller subtítulos en castelán.