Propoñemos estes videos do programa de divulgación científica 'tres14' de tve2 que explican como avanzar nalgúns dos temas do desenvolvemento para o século XXI como poden ser : Megacidades, a pesca, os novos materiais....
Copiando da natureza. A científica Janine Benyus propón 12 ideas para desenvolver unha tecnoloxía creativa para un mundo máis sostible.Copiando da natureza para xestionar os recursos, crear tecnoloxías limpas e eficientes e todo isto 'coidando o hábitat para as próximas xeneracións'.
- 01 Auto-ensamblaxe - 02 CO2 como materia prima - 03 transformacións solares - 04 o poder da forma - 05 saciar a sede sen auga líquida - 06 extraer metais sen necesidade de minas - 07 química verde - 08 degradación paulatina dos materiais non útilies - 09 vacinas na cadea de frío - 10 detectar e responder - 11 aumentar a fertilidade dos ecosistemas - 12 a vida crea condicións básicas para crear máis vida
Estamos a preparar o texto en castelán. Pero podes seguir a conferencia escollendo castelán no bloque de subtítulos no propio video.(parte inferior esquerda). Na barra lateral dereita podes atopar a transcripción en inglés.
Durante a próxima semana os alumnos de 1º de bac realizaran as enquisas de consumo de papel e de mobilidade ós membros da nosa Comunidade educativa. Terán que realizar 235 enquisas ó alumnado, 70 ós profesores e 14 ó resto do persoal do centro.
Os datos destas enquisas, xunto cos cálculos en consumo de gasóleo de calefacción, consumo de auga e consumo de electricidade forma parte do estudo global da pegada ecolóxica.
Apegada ecolóxica, é un indicador de sostibilidade proposto en 1996 por William Rees e Mathias Wackernagel e que podemos definir como:
'Área ou superficie dun terreo ecolóxicamente sostible (cultivos, pastos, bosques e ecositemas acuáticos) necesario para producir os recursos necesarios e eliminar os residuos producidos por unha poboación cun nivel de vida determinado, independentemente do lugar onde esté ubicada.
Normalmente a unidade de medida é en hectáreas por persoa e ano.
Así a pegada ecolóxica é un indicador que recolle claramente a relación nivel de vida - impacto no planeta.
Aínda que o termo ' desenvolvemento sostible' xa parece moi gastado, por mal utilizado e demasiado citado, segue a ser un básico en calquera materia ou disciplina.
Por isto o tema que comezamos ten un interés especial. Descubrir que é e que non é desenvolvemento sostible, analizar por que este modelo de vida é imposible de manter por moito tempo, detectar como os cambios nun lugar do planeta involucran a todo o conxunto de habitantes e de zonas na terra, ver, con esperanza, os movementos cidadáns que se pronuncian e defenden un futuro para as novas xeracións e particpar nas accións conxunta que, como cidadán individual, podo facer para mellorar a situación actual.
A famosa idea de : ' Pensa globalmente e actúa localmente' resume a perfección o obxectivo do novo tema que estamos a traballar.
Recomendamos que, pares uns momentos e disfrutes coas seguintes páxinas web: