O comezar este curso 2009-2010 traballamos na aula a relación 'ciencia e sociedade'analizando as novas sobre ciencia que aparercían nos xornais. Dende a materia de Ciencias do mundo contemporáneo se recomenda seguir esas novas e, mesmo, moitas veces as utilizamos na aula. Hoxe destacamosesta que está a falar da nova 'Macropresa que construirá Brasil no mesmo Amazonas' , e que entre outras consecuencias, desplazará a 50.000 persoas. En tempos de enerxías renovables e menos agraseivas, que opinas tí? Podes ler a nova nesta dirección: http://www.publico.es/ciencias/307407/brasil/construira/gran/presa/pleno/amazonas
Outra situación importante na unidade didáctica que estamos a tratar na aula e que non poderemos profundizar é a 'Alimentación' e a obtención e novos alimentos. Hai van dous recursos para reflexionar sobre os novos métodos de producción de alimentos.
Durante este ano 2010 a Terra semella querer recordarnos cales son os seus verdadeiros poderes. Si durante os primeiros meses do ano 2010 foron os teremotos os encargados de recordalo, neste mes de marzo ó terremoto de China temos que engadir a erupción do volcán de Islandia Eyjafjallajökull .Nas seguintes webs podemos observar como e de que maneira entrou en erupción e o porqué da nube de cinzas que afecta á Europa.
SEGUIMENTO DA NUBE DE CINZAS NA WEB DO SATÉLITE EUMETSAT
No seguinte vídeo explícase o porque dun volcán baixo o solo de Islandia. Sobre o minuto 2:31 explícase a formación dunha Dorsal, por onde se abre o océano Atlántico, a terra libera o seu calor interno e os volcáns entran en erupción. Na imaxe observamos como se rompe unha placa e comeza o ciclo de apertura dun océano.
Pero tamén terremotos no 2010 Recordando os terremotos do 2010 descubrimos que: Máis de seis terremotos superaron os 5 grados da escala de Ritcher, a cal semella quedarse pequena á hora de medir os terremotos de hoxe en día.
Basta citar algúns dos máis altos na escala: O terremoto de Haití no mes de Xaneiro, 7 grados O terremoto de Chile en Febreiro, de 8,8 O terremoto en Turquía en Marzo, de magnitude 6 O terremoto de China en Abril de 7 grados na escala Ritcher
Estos son so, uns exemplos. Podemos comprobar a cantidade de terremotos que se están a producir a cada momento na terra e onde se localizan visitando esta web do servicio Xeolóxico dos USA. Nos seus mapas tamén podemos ver as placas tectónicas,por onde discorren e que zonas do planeta son as máis afectadas. Sabemos que, os grandes terremotos están asociados a zonas de contacto de placas tectónicas. Son lugares onde chocan, se separan ou se deslizan dúas placas terrestes arrastrando con elas continenetes, océanos....
Propoñemos estes videos do programa de divulgación científica 'tres14' de tve2 que explican como avanzar nalgúns dos temas do desenvolvemento para o século XXI como poden ser : Megacidades, a pesca, os novos materiais....